Lavadoiro de Noville
Fotografía de Miguel Rodríguez Bouza baixo unha licencia de Creative Commons Reconocimiento-CompartirIgual 4.0 Internacional
Preto do xacemento romano de Noville, está situado o Lavadoiro do mesmo nome o “Lavadoiro de Noville” . De construción rectangular, o teito apoia sobre 6 piares de cemento.
O pilón de 7,13m. de largo e 3,08m. de ancho, ten unha canle para a entrada da auga de 0,72m.
e outra para reverter de 0,61m.
No ano 1964 levouse a cabo a reparación deste lavadoiro dentro dos Plans de cooperación provinciais para o bienio 63/64, por un importe de 15.000 ptas.
DESCRICIÓN DAS OBRAS
14 m2 de muro de formigón de 40cm de espesor.
16m2 de soleira de formigón de 250kg. de cemento e 10cm. de espesor.
12m2 de táboas para lavadoiro de formigón armado recebado con morteiro de cemento.
500ml. de canle de formigón en masa en desaugue e condución xeral.
Partida para desaugue de fondo.
O total da obra desenvolvida suma………………………………………………. 13.215,86 Ptas.
8,5% de beneficio industrial………………………………………………………….. 1.123,35 “
Orzamento da contrata………………………………………………………………….. 14.339,21 “
Honorarios de inspección de obra…………………………………………………. 660,79 “
TOTAL………………………………………………………………………………………………..… 15.0000 Ptas.
Noville: De orixe latino, nome do propietario da vila do mesmo nome, é como se coñece agora ao lugar .
Outros lavadoiros na mesma parroquia
- Lavadoiro de Boado
- Boado: Sitio encharcado, xunqueira (palabra celta). Un dos lavadoiros en mellor estado de conservación é o Lavadoiro
- Lavadoiro do Arrueiro
- Arrueiro: Grupo de casas na aldea. No Arrueiro baixando por un camiño á beira da estrada, está o lavadoiro do lugar
- Lavadoiro do Mexote
- Do lavadoiro do Mexote so podemos mostrar as imaxes do que foi un lavadoiro moi utilizado polas veciñas de Franza, 4 par
- Lavadoiro de San Vitorio
- O Lavadoiro de “San Vitorio” debe o seu nome ao Santo do lugar. Chegamos ao lavadoiro baixando por un carreiro a unha