Lavadoiro da Cabarqueira
Fotografía de Miguel Rodríguez Bouza baixo unha licencia de Creative Commons Reconocimiento-CompartirIgual 4.0 Internacional
En Pumido, no lugar da Cabarqueira, e á beira da estrada, situamos este lavadoiro, con teito de uralita a unha auga, apoiado en 6 piares. O Pilón é de figura rectangular (4,73x2,90m.), construído contra un cómaro no que levantaron un muro de 0,80m. de alto para pechar o pilón.
Na actualidade, o seu estado de conservación é de abandono total, coa estrutura moi deteriorada e o leito do pilón totalmente cuberto de lodo.
Outros lavadoiros na mesma parroquia
- Lavadoiro do Leiro
- Construído sobre o rio Leiro, a súa estrutura é rectangular de 6,63x3,65m., sostido por 6 piares, teito a dúas augas de