Lavadoiro do Casal
Fotografía de Miguel Rodríguez Bouza baixo unha licencia de Creative Commons Reconocimiento-CompartirIgual 4.0 Internacional
Situado no lugar de “O Casal”, é de planta rectangular con teito a dúas augas. Na actualidade está nun estado de abandono total, aínda que a súa estrutura mantense en bo estado de conservación. No ano 1957 foi reformado grazas ao convenio de colaboración entre o Concello e a Deputación para o bienio 1955/56, polo que se construíron e reformaron os/as seguintes lavadoiros e fontes.
Construción do bebedoiro de Simou.
Construción do lavadoiro de Pontellas.
Construción da fonte de Simou.
Reforma do lavadoiro de Simou.
Reforma do lavadoiro de Esteirón (Meá).
Reforma do lavadoiro de A Barca (Meá).
Reforma do lavadoiro de O Casal (Meá).
Reforma do lavadoiro da Rega (Meá).
Reforma do lavadoiro de Franza.
A lavadoiro de “O Casal”, mellorou considerablemente coa fundición de 4 piares e fundido de cuberta cun beiril de 0,80m., en cemento liso, por un importe de 9.250,60 ptas.O 45% da obra a cargo da Deputación e o 55% a cargo do Concello máis o 8% de beneficio industrial. Os veciños tiñan que aportar gratuitamente augas e terreos” .
Outros lavadoiros na mesma parroquia
- Lavadoiro da Barca
- O primeiro Lavadoiro da Barca situado na parroquia de Meá, foi construído no curso do rio, a escasos 10m. do actual; as
- Lavadoiro da Rega
- O Lavadoiro da Rega está situado na Rega, e a 70m. da fonte do mesmo nome. De construción rectangular, e teito a dúas
- Lavadoiro de Esteirón
- O Lavadoiro de Esteirón, na parroquia de Meá, foi derrubado polas obras da autoestrada que chega ata “Forestal del Atl