Lavadoiro da Barca

Licencia de Creative CommonsFotografía de Miguel Rodríguez Bouza baixo unha licencia de Creative Commons Reconocimiento-CompartirIgual 4.0 Internacional

O primeiro Lavadoiro da Barca situado na parroquia de Meá, foi construído no curso do rio, a escasos 10m. do actual; as crecidas da marea e mesmo do caudal do río no inverno, o inutilizaban moitos meses ao ano. Os veciños aproveitaron o manancial da fonte para construír, a 5 m. , un lavadoiro novo, de estrutura rectangular e descuberto.
No ano 1957 e grazas ao convenio de colaboración entre o Concello de Mugardos e a Deputación de A Coruña para o bienio 1955/56, se reforma este lavadoiro, coa seguinte obra:

“Fundición de 4 piares armados cos seus correspondentes redondos, e fundido de cuberta con un beiril de 0,80m., e andén a plomo(sic) co beiril, en cemento liso”.
O Importe das obras foi de 12.899,87 Ptas. O 45% da obra a cargo da Deputación e o 55% a cargo do Concello máis o 8% de beneficio industrial. Os veciños tiñan que aportar gratuitamente augas e terreos.

Datos de Interese
Estado de conservación: 
Bo
Acceso a pe: 
Sinxelo
Parroquia: 
San Vicente de Meá

Outros lavadoiros na mesma parroquia

Lavadoiro de Esteirón
O Lavadoiro de Esteirón, na parroquia de Meá, foi derrubado polas obras da autoestrada que chega ata “Forestal del Atl
Lavadoiro da Rega
O Lavadoiro da Rega está situado na Rega, e a 70m. da fonte do mesmo nome. De construción rectangular, e teito a dúas
Lavadoiro do Casal
Situado no lugar de “O Casal”, é de planta rectangular con teito a dúas augas. Na actualidade está nun estado de abando